Manuel Luís Álvarez Angueira, nado en Pontecesures o 22 de xaneiro de 1962, é un político galego do BNG.
Traxectoria Remeiro e profesor de Filosofía no instituto de Noia. Encabezou a candidatura do BNG en Pontecesures nas eleccións municipais de 1991 e logrou 2 concelleiros. Nas municipais de 1995 volveu lograr 2 concelleiros e apoiou a elección do candidato de Independentes por Pontecesures Victoriano Trenco Romay para arrebatarlle a alcaldía ó PPdeG, se ben non formou parte do goberno e o alcalde rematou integrándose no PPdeG ao ano seguinte.
Foi profesor de Filosofía tamén no IES Vilalonga do Concello de Sanxenxo.
Nas eleccións municipais de 1999 logrou de novo 2 concelleiros e foi elixido alcalde co apoio de ACP e PSdeG-PSOE, gobernando en coalición con estas formacións. Nas municipais de 2003 subeu a 4 concelleiros e foi a forza máis votada, polo que repetiu como alcalde cos mesmos apoios, pero gobernando nun principio tan só coa ACP en minoría, dado que o concelleiro socialista non quixo volver formar parte do goberno. En outubro de 2004 integrou no goberno á concelleira de Independentes por Pontecesures Maribel Castro Barreiro, polo que volveu gobernar en maioría. Porén, en febreiro de 2006 o concelleiro da ACP Luís Ángel Sabariz foi expulsado do goberno, polo que volveu gobernar en minoría, chegando incluso a estudarse unha moción de censura encabezada polo único concelleiro do PSdeG, se ben foi abortada por parte da dirección socialista.
Nas municipais de 2007 volveu se-la forza máis votada e subeu a 5 concelleiros, a un da maioría absoluta, se ben perdeu a alcaldía ó apoiar os concelleiros do PPdeG e do PSdeG á única concelleira de IP Maribel Castro BarreiroPSOE y PP se unen en Pontecesures y dan la Alcaldía a la única edil independiente. Nas municipais de 2011 logrou de novo a vitoria ao lograr 4 concelleiros, recuperando a alcaldía tras firmar un pacto de goberno cos concelleiros do PSdeG e Terra Galega.Álvarez Angueira elixido alcalde de Pontecesures En setembro de 2014 anunciou que non volvería encabeza-la candidatura do BNG,Luís Álvarez Angueira ´O peor de ser alcalde foi o acoso persoal´ polo que cesou como alcalde tralas municipais de 2015. En 2017 foi denunciado por agresión sexual pola súa sobriña, e concelleira do BNG en Rianxo, Hadriana Ordóñez Otero.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Eleccións municipais en Pontecesures
Ligazóns externas Álvarez Angueira tendrá que declarar por el 'caso del gasoil' El nacionalista Álvarez Angueira recupera la Alcaldía de Pontecesures, con PSOE y Terra Galega Entrevista en Faro de Vigo
Categoría:Alcaldes de Pontecesures Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Pontecesures Categoría:Nados en 1962 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes