Juan Carlos González Carbajales, nado en 1966, é un empresario e político galego do PPdeG.
Traxectoria Empresario do sector do moble. Antigo militante do PPdeG, nas eleccións municipais de 2003 encabezou unha lista independente á alcaldía de Pontedeva que obtivo dous concelleiros, pero apoiou ao candidato do PPdeG para a alcaldía. Nas municipais do 2007 presentouse á alcaldía de Pontedeva polo PPdeG, sendo elixido alcalde grazas ao apoio do concelleiro independente. Mantívose como alcalde ata o ano 2019, acadando a maioría absoluta tanto nas municipais do 2011 como nas do 2015.
Notas
Véxase tamén Outras páxinas Eleccións municipais en Pontedeva
Categoría:Alcaldes de Pontedeva Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1966