Andrés Iglesias Rodríguez, nado en Nespereira (Pazos de Borbén) en 1962, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria Foi concelleiro en Pazos de Borbén dende 1991. Nas eleccións municipais de 1999 foi candidato do PPdeG á alcaldía de Pazos de Borbén en substitución de Manuel Conde Romero e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2003 perdeu a maioría absoluta tras encabezar Conde Romero unha escisión, se ben revalidou a alcaldía como cabeza da lista máis votada logo de que os demais grupos non chegasen a un acordo. Logo das municipais de 2007 foi reelixido alcalde tras recupera-la maioría absoluta. Revalidou a alcaldía con maioría absoluta nas seguintes eleccións de 2011, 2015 e 2019. Nas municipais de 2023 perdeu a maioría absoluta, perdendo tamén a alcaldía en favor do candidato da Alternativa Veciñal de Pazos de Borbén, Luciano Otero, logo de que este recibise o apoio de nacionalistas e socialistas.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Eleccións municipais en Pazos de Borbén

Categoría:Alcaldes de Pazos de Borbén Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Pazos de Borbén

Categoría:Nados en 1962