Carlos Enrique López Crespo, nado en Coirós en 1949 e finado en Outes o 21 de maio de 2018"Moi apenado polo falecemento de Carlos López Crespo", chío en Twitter de Alberto Núñez Feijoo, 21 de maio de 2018., foi un político galego do PPdeG. Traxectoria Licenciado en Pedagoxía, foi profesor de matemáticas no IES Poeta Añón de Outes. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Outes, e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas seguintes eleccións de 1999, 2003, 2007, 2011 e 2015, sempre con maioría absoluta«Agora Outes é un concello punteiro da ría de Muros-Noia», artigo en La Voz de Galicia, 21 de xuño de 2011., sendo ademais deputado provincial entre 1999 e 2007. En agosto de 2016 presentou a súa renuncia como alcalde para formar parte da candidatura do PP ás eleccións ao Parlamento de Galicia dese mesmo ano, figurando no posto número 11 pola provincia da CoruñaLópez Crespo deixa a alcaldía de Outes tras 21 anos e seis maiorías absolutas La Voz de Galicia, 20/08/2016. e resultando finalmente elixido deputado autonómico.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Outes

Ligazóns externas Biografía na web do concello de Outes

Categoría:Alcaldes de Outes Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Coirós Categoría:Nados en 1949 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes