Euloxio Xesús Rubert Méndez, nado en Ourol, é un profesor e político galego.

Traxectoria Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura do BN-PG á alcaldía de Ourol e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura da Xuntanza Progresista e volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Foi profesor de Relixión en Cariño e director e mestre de Lingua Galega no colexio de Galdo e posteriormente docente no instituto María Sarmiento de Viveiro. Dirixe as celebracións da Palabra nas parroquias de Santo Isidoro do Monte e San Miguel da Rigueira, en Xove. É veciño de Foz.

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ourol

Ligazóns externas Artigo en La Voz de Galicia Artigo en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Ourol Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Ourol Categoría:Nados no século XX Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes