A tempada 2007-08 da Liga ACB foi a 25ª edición da máxima competición ligueira entre clubs de baloncesto que se xoga en España. Na final o Tau Cerámica derrotou ó AXA FC Barcelona, acadando o seu 2º campionato.

Composta por 18 conxuntos, a liga tivo unha tempada regular con 34 xornadas, e máis adiante tivo as eliminatorias polo título, á que tiveron acceso os 8 primeiros equipos na táboa. Pola contra, os dous últimos da táboa descenderon.

Tempada regular Así ficou a táboa clasificatoria ó remate da tempada regular:

PosEquipoXogGPP+P-1Real Madrid CF34295286225722DKV Joventut Badalona34259298026503AXA FC Barcelona342410261725244TAU Cerámica342212286726045Pamesa Valencia342212270625206Iurbentia Bilbao Basket342113259725077Akasvayu Girona342113272626858Unicaja Málaga 341717272126489Kalise Gran Canaria3416182682268910Cajasol Sevilla3414202701276411Ricoh Manresa3414202715281712Polaris World Murcia3413212491263413Alta Gestión Fuenlabrada3413212542267114MMT Estudiantes3412222561269415CB Granada3412222629276116ViveMenorca3412222567275517Grupo Capitol Valladolid3411232685288718Grupo Begar León3482625712838

Lenda Clasificados para a Euroliga 2008-09 Clasificados para a Copa ULEB Clasificados para o EuroChallenge Descenden á Liga LEB

Xog = Encontros xogados; G = Encontros gañados; P = Encontros perdidos; P+ = Puntos a prol; P- = Puntos en contra; Dif = Diferenza de puntos

Rolda final Unha vez rematada a tempada regular, os oito primeiros conxuntos da táboa comezaron a disputa polo campionato. Nos cuartos de final e semifinais xogouse ó mellor de 3 encontros. Na final xogouse ó mellor de 5 encontros. É dicir, tralos 34 encontros da tempada regular, o campión aínda tivo que gañar 7 encontros para acada-lo campionato de liga. Así foron os enfrontamentos nas eliminatorias:

O campión da edición 2007-2008 da Liga ACB foi o Tau Cerámica.

Véxase tamén Outros artigos

Ligazóns externas Páxina oficial da liga ACB

Categoría:Tempadas da ACB Categoría:Baloncesto en 2008