O AC Ordes é un equipo de hóckey a patíns da localidade de Ordes, que na tempada 2026/26 competirá na OK Liga Prata. O AC Ordes é o continuador do antigo Club Patín Ordes (desaparecido no 2003 ao pasar a formar parte do novo club), un club que competira varios anos na segunda categoría do hóckey a patíns español, a Primeira División Estatal, e que conseguira importantes logros en boa parte das súas categorías.
En abril de 2011 o AC Ordes conseguiu o ascenso á Primeira División, segunda categoría do hóckey a patíns español logo de superar na fase de ascenso do sector norte a FM Roller Oviedo (12-5), Real Club Josaleta (2-5) e San Antonio (7-3), e deixou practicamente asegurado o ascenso logo da dobre xornada disputada o sábado 29 de abril. Con todo o club renunciou por motivos económicos a competir na categoría logo de conseguir a permanencia ma tempada 2011-12.
Xogadores 2011-12 Martín Payero Martín Barrós (p) Juan Fariza Pablo Fernández "Peli" Pablo Fernández "Tote" Gonzalo Louro Andrés García Óscar Castro Manuel Pérez
Adestrador: Marcos Rey
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Blog do AC Ordes O AC Ordes en okcat.cat
Categoría:Equipos de hóckey a patíns de Galicia Categoría:Deporte en Ordes