Punta Umbría é un concello español da provincia de Huelva, en Andalucía. No ano 2010 tiña 14.714 habitantes. A súa extensión superficial é de 38 km² e ten unha densidade de 387,2 hab/km².

Atópase situada a unha altitude de 7 metros e a 21 quilómetros da capital de provincia, Huelva. Hoxe Punta Umbría presenta unha fisionomía moi distinta da que viron os ingleses, de cuxa presenza quedou a singular arquitectura das casas de madeira nas que pasaban o verán e as cales aínda se coñecen como "casas dos ingleses". Un dos atractivos turísticos da cidade é precisamente unha casa museo onde se recrea o modo de vida dos británicos nesta zona de Andalucía a finais do século XIX e principios do século XX.

Demografía

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Punta Umbría - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía

Categoría:Concellos da provincia de Huelva