A turanosa é un disacárido redutor formado por D-glicosa e L-frutosa unidas por enlace O-glicosídico α(1→3) . O seu nome sistemático é α-D-glicopiranosil-(1→3)-α-D-frutofuranosa. É un isómero da sacarosa que non se metaboliza nas plantas superiores, senón que se introduce na célula pola acción dos transportadores de sacarosa e actúa en procesos de sinalización celular . Ademais desta implicación na transducións de sinais, a D-(+)-turanosa pode ser tamén utilizada como fonte de carbono por moitos organismos, como numerosas especies de bacterias e fungos.D-Turanose at Sigma-Aldrich
A turanosa é un azucre atopado tipicamente no mel, no que está presente en pequenas cantidades, de 0 ao 3 % segundo a orixe do mel . A cuantificación da turanosa no mel permite determinar se a un mel lle engadiron xarope de azucre .
A turanosa está presente como compoñente de certos oligosacáridos como a melecitosa. A hidrólise parcial da melecitosa rende unha mestura equimolecular de glicosa e turanosa.
O nome turanosa deriva da palabra Turan (Turquestán en lingua persa) coa terminación -osa propia dos azucres, debido á súa presenza en alimentos do Turquestán .
Notas
Categoría:Carbohidratos Categoría:Disacáridos