miniatura|220px|Alcazaba de Málaga.

Unha alcazabaDicionario Xerais da Lingua, 10ª edición 2015. Edicións Xerais de Galicia:Vigo (do árabe qasaba, قصبة, 'cidadela') é unha construción ou recinto fortificado cuxa función é defender un lugar determinado e os seus contornos, albergando unha gornición que, con frecuencia, conformaba un pequeno barrio militar con vivendas e servizosVVAA: ''Glossaire - Internationalen Burgen-Institut, Verlag Weidiclich, Frankfurt, 1975, pag.33. Citado por Eslava Galán, op.ref.. Xeralmente estaban asociadas a un castelo situado nun dos seus extremos, aínda que este era independente da propia alcazaba e do resto da cidade.

Alcazaba e castelo eran un sistema defensivo da clase dominante, tanto fronte aos inimigos externos como fronte ás sublevacións internas, asegurándose ademais unha resistencia prologada, mesmo no caso de caída da cidade que protexíaEslava Galán, Juan: Los castillos de Jaén, Ediciones Osuna, Granada, 1999, ISBN 84-89717-41-9, pag. 409. No al-Ándalus, entre os séculos VIII e XV, construíronse un gran número de alcazabas, como as de Alcalá la Real, Almería, Antequera, Badaxoz, Granada, Guadix, Loja, Lorca, Málaga, Mérida, Xaén, e moitos outros lugares.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Al-Andalus Categoría:Fortificacións por tipo