A Beira Interior Norte é unha subrexión estatística portuguesa, parte da Rexión Centro e do Distrito da Guarda.
Limita ao norte coa Subrexión de Douro, ao leste con España, ao sur con Beira Interior Sur e con Cova da Beira e ao oeste con Serra da Estrela e con Dão-Lafões.
Ten unha superficie de 4251 km² e unha poboación de 108 006 habitantes (estimación de 2009Instituto Nacional de Estatística; Estimativas de População Residente, Portugal, NUTS II, NUTS III e Municípios – 2009 ).
Comprende 9 concellos:
Almeida Celorico da Beira Figueira de Castelo Rodrigo Guarda Manteigas Mêda Pinhel Sabugal Trancoso
Destes son cidades Guarda (capital de distrito), Pinhel, Trancoso, Mêda e Sabugal.
Notas
Categoría:NUTS III portuguesas