Xosé Espín Mejía, nado en Doncos (As Nogais) o 4 de xullo de 1955, é un político galego.

Traxectoria Estudou formación profesional pola rama de electrónica e traballou na mina de Exminesa, onde foi sindicalista da CIG. Logo do peche da explotación mineira, montou unha tenda de electrodomésticos en Becerreá. Nas primeiras eleccións democráticas foi elixido alcalde das Nogais polo BN-PG por maioría simple. Nas municipais de 1983 presentouse polo PSdeG-PSOE e volveu ser elixido alcalde, nesta ocasión con maioría absoluta. En 1987 abandonou a alcaldía logo de non concorrer á reelección, sendo substituído á fronte da candidatura socialista e da alcaldía por José Luis Coedo.

Crítico co seu sucesor, en 2003 incorporouse de novo ao BNG e foi o seu candidato á alcaldía, conseguindo 1 concelleiro. En 2007 logrou 2 concelleiros, conseguindo que perdese a maioría absoluta o PSdeG de Coedo. En 2011 volveu ser candidato á alcaldía do BNG, pero nesta ocasión non logrou sequera representación e retirouse da primeira liña política.

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais nas Nogais

Ligazóns externas Artigo en El Progreso

Categoría:Alcaldes das Nogais Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados nas Nogais Categoría:Nados en 1955 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes