Raúl Emilio Castro Rodríguez, nado en 1953, é un político galego do Partido Popular de Galicia.

Traxectoria Profesor de EXB e primaria. Concelleiro e tenente de alcalde das Neves con Oswaldo González Pereira. Logo da decisión de Oswaldo González de non presentarse, presentouse ás eleccións municipais de 1999 nas Neves encabezando a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Volveu ser elixido alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta.

Véxase tamén

Outros artigos Eleccións municipais nas Neves

Ligazóns externas Albaladejo Iglesias, Antonio (11/6/2011) "Raúl Emilio Castro, alcalde de As Neves: «Los buenos políticos salen de los concellos»" vigoalminuto.com .

Categoría:Alcaldes das Neves Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1953