Juan Carlos Navarro Feijoo, nado o 13 de xuño de 1980 en Sant Feliu de Llobregat, é un ex-baloncestista catalán que xogaba de escolta. Dende 2021 é director xeral da sección de baloncesto do FC Barcelona.
Traxectoria Nado na localidade barcelonesa de Sant Feliu de Llobregat, súa nai é natural de Meira, na provincia de Lugo, onde Juan Carlos pasaba os veráns na súa infancia.
A maior parte da súa carreira deportiva transcorreu no FC Barcelona, equipo co cal debutou como profesional en 1997, e co que gañou 2 veces a Euroliga e 6 veces a Liga ACB, entre outros títulos. Internacional absoluto coa selección española dende 1999, formou parte do equipo campión do mundo en 2006 e dos equipos campións europeos en 2009 e 2011.
A única tempada na que non xogou coas cores do FC Barcelona foi a 2007-08, tempada na que provou sorte na NBA cos Memphis Grizzlies, convencido polo seu amigo Pau Gasol.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas JC Navarro en ACB.com
Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Sant Feliu de Llobregat Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Españois de ascendencia galega Categoría:Xogadores de baloncesto de Cataluña Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Washington Wizards Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto Categoría:Xogadores da selección de baloncesto de España Categoría:Medallistas olímpicos de prata por España Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por España Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de España Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016