A Società Sportiva Basket Napoli foi un club profesional de baloncesto italiano con sede na cidade de Nápoles que chegou xogar na Lega Basket Serie A e gañar a Copa de Italia en 2006, así como participar na Euroliga. Non se debe confundir co Napoli Basket, equipo da mesma cidade que compite na Serie A.
Historia Antes da tempada 1999-00 a sociedade chamábase Serapide Pozzuoli. En 1999 o presidente Lubrano trasladou ao equipo dende a súa sede de Pozzuoli (cidade da provincia de Nápoles) á capital. A sociedade foi cedida a Mario Maione en xullo de 2001 e na tempada 2001-02 o club consegue o ascenso á Serie A, máxima categoría do baloncesto italiano, chegando a gañar en 2006 gañou a Copa de Italia e participar na Euroliga.
En 2008 o Consello Federal da Federación Italiana de Baloncesto revogou a admisión do conxunto á Serie A por incumprimentos financeiros. Así o Basket Napoli así foi relegado á Serie C2, chegando á bancarrota o 12 de xaneiro de 2010, desaparecendo. Disputaba os seus encontros no PalaBarbuto de Nápoles, con capacidade para 5.500 espectadores e as súas cores eran o branco e o azul.
Denominacións Serapide Pozzuoli (1995–99) Record Napoli (1999–01) Pastificio di Nola Napoli (2001–02) Pompea Napoli (2002–05) Carpisa Napoli (2005–06) Eldo Basket Napoli (2006–08)
Xogadores Destacados
Anos 1980 Russell Cross 2 temporadas: 1986-1987 Anos 1990 Stefano Rajola 4 temporadas: 1999-2003 Venson Hamilton 1 temporada: 1999-2000 Bill Jones 2 temporadas: 1998-2000 Charles Smith 2 temporadas: 1998-2000 - Michael Richmond 1 temporada: 1998-1999 Gianluca Lulli 3 temporadas: 1997-1999 Darren Morningstar 1 temporada: 1997-1998 - Larry Middleton 1 temporada: 1996-1997 Marty Embry 1 temporada: 1996-1997 Alex English 1 temporada: 1991-1992 Anos 2000 Tierre Brown 1 temporada: 2006-2007 Larry O'Bannon 1 temporada: 2006-2007 Ansu Sesay 2 temporadas: 2005-2007 Michel Morandais 2 temporadas: 2005-2007 Lynn Greer 1 temporada: 2005-2006 Jeff Trepagnier 2 temporadas: 2004-2005, 2006-2007 Jerome Allen 2 temporadas: 2003-2005 Michael Andersen 3 temporadas: 2002-2005 Bennett Davison 2 temporadas: 2002-2004 Óscar Torres 2 temporadas: 2002-2004 Mike Penberthy 4 temporadas: 2001-2005 Dontae' Jones 2 temporadas: 2001-2003 Henry Williams 1 temporada: 2001-2002 Andre Hutson 1 temporada: 2001-2002 Lamarr Greer 2 temporadas: 2000-2001, 2002-2003 John Turner 2 temporadas: 2000-2002 Randolph Childress 1 temporada: 2000-2001 - Nikola Radulović 1 temporada: 2000-2001
Palmarés Títulos nacionais Coppa Italia: 1 2006.
Categoría:Equipos de baloncesto de Italia