A Unión Africana (UA) é unha unión continental formada por 55 estados membros situados no continente africano. A UA foi anunciada na Declaración de Sirte en Sirte, Libia, o 9 de setembro de 1999, na que se pedía a creación da Unión Africana. O bloque fundouse o 26 de maio de 2001 en Adís Abeba (Etiopía), e púxose en marcha o 9 de xullo de 2002 en Durban (Suráfrica). A intención da UA era substituír a Organización da Unidade Africana (OUA), creada o 25 de maio de 1963 en Adís Abeba por 32 gobernos signatarios; a OUA disolveuse o 9 de xullo de 2002. As decisións máis importantes da UA tómanse na Asemblea da Unión Africana, unha reunión semestral dos xefes de Estado e de goberno dos seus Estados membros.
A secretaría da UA, a Comisión da Unión Africana, ten a súa sede en Adís Abeba. A maior cidade da UA é Lagos, Nixeria, mentres que a maior aglomeración urbana é O Cairo, Exipto. A Unión Africana ten máis de 1.300 millóns de habitantes e unha superficie de ao redor de 30millón de km2 e inclúe lugares emblemáticos do mundo, como o Sáhara e o Nilo. As principais linguas de traballo son o árabe, o inglés, o francés, o portugués, o español e o swahili. Dentro da Unión Africana existen órganos oficiais, como o Consello de Paz e Seguridade e o Parlamento Panafricano.
Na 18ª reunión do G20 (Grupo dos 20), celebrada en Delhi, India, a Unión Africana foi admitida como membro do G20 do mesmo xeito que a Unión Europea.
Baseada no modelo da Unión Europea (pero actualmente con poderes máis próximos ó da Commonwealth británica), axuda a promoción da democracia, dereitos humanos e desenvolvemento de África, especialmente o aumento dos investimentos estranxeiros no programa New Partnership for Africa's Development (NEPAD). O primeiro presidente da UA foi o surafricano Thabo Mbeki.
Obxectivos Os obxectivos da Unión Africana son: Acadar unha maior unidade e solidariedade entre os países de África e os africanos. Defender a soberanía, a integridade territorial e a independencia dos seus estados membros. Acelerar a integración política e socioeconómica do continente. Promover e defender os intereses comúns africanos en materias importantes para o continente e os seus pobos. Favorecer a cooperación internacional, tendo debidamente en conta a Carta das Nacións Unidas e a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Promover a paz, a seguridade e a estabilidade do continente. Promover principios e institucións democráticos, a participación popular e o bo goberno. Promover e protexer os dereitos humanos de acordo coa Carta Africana de Dereitos Humanos e dos Pobos e outros instrumentos a favor dos dereitos humanos. Estabelecer as condicións necesarias para posibilitar ao continente xogar o papel que lle corresponde na economía global e nas negociacións internacionais. Promover o desenvolvemento sostible a nivel económico, cultural e social, así como a integración das economías africanas. Promover a cooperación en tódolos ámbitos da actividade humana para aumentar o nivel de vida dos africanos. Coordinar e harmonizar as políticas entre as Comunidades Económicas Rexionais existentes e futuras para a consecución gradual dos obxectivos da Unión. Avanzar no desenvolvemento do continente promovendo a investigación en tódolos ámbitos, particularmente en ciencia e tecnoloxía. Traballar con aliados internacionais na erradicación de enfermidades que se poden previr e na promoción da saúde no continente.
A Unión Africana componse de órganos políticos e administrativos. O máximo órgano decisorio é a Asemblea da Unión Africana, composta por todos os xefes de Estado ou de Goberno dos Estados membros da UA. A Asemblea está presidida por Félix Tshisekedi, Presidente da República Democrática do Congo. A UA tamén conta cun órgano representativo, o Parlamento Panafricano, composto por 265 membros elixidos polas asembleas lexislativas nacionais dos Estados membros da UA. O seu presidente (interino desde abril do 2020) é Djamel Bouras.
Outras institucións políticas da UA son:
O Consello Executivo, formado por ministros de Asuntos Exteriores, que prepara as decisións da Asemblea; o Comité de Representantes Permanentes, formado polos embaixadores en Adís Abeba dos Estados membros da UA; e o Consello Económico, Social e Cultural (ECOSOCC), órgano consultivo da sociedade civil.
A Comisión da UA, secretaría das estruturas políticas, está presidida por Nkosazana Dlamini-Zuma de Suráfrica. O 15 de xullo de 2012, Dlamini-Zuma gañou unha rifada votación para converterse na primeira muller á fronte da Comisión da Unión Africana, en substitución de Jean Ping de Gabón.
Outras estruturas da UA son acollidas por distintos Estados membros:
a Comisión Africana de Dereitos Humanos e dos Pobos ten a súa sede en Banxul, Gambia; e a Nova Alianza para o Desenvolvemento de África (NEPAD) e o APRM Secretarías e o Parlamento Panafricano están en Midrand, Suráfrica.
A primeira intervención militar da UA nun Estado membro foi a despregadura en maio de 2003 dunha forza de mantemento da paz formada por soldados de Suráfrica, Etiopía e Mozambique en Burundi para supervisar a aplicación dos distintos acordos. Tamén se despregaron tropas da UA en Sudán para o mantemento da paz durante a Conflito de Darfur, antes de que a misión pasase a mans de Nacións Unidas o 1 de xaneiro de 2008 a través da UNAMID. A UA tamén enviou unha misión de mantemento da paz a Somalia, formada por tropas de Uganda e Burundi.
A UA adoptou unha serie de novos documentos importantes que establecen normas a nivel continental, para complementar os que xa estaban en vigor cando se creou. Entre eles atópanse a Convención da Unión Africana sobre Prevención e Loita contra a Corrupción (2003), a Carta Africana sobre Democracia, Eleccións e Gobernanza (2007), a Nova Alianza para o Desenvolvemento de África (NEPAD) e a súa asociada Declaración sobre Democracia e Gobernanza Política, Económica e Empresarial.Africa-union.org Historia A Unión Africana é a herdeira de varios intentos anteriores de unir politicamente ao continente, a semellanza da Unión Europea en Europa. As súas predecesoras son a Unión de Estados Africanos, creada polo ghanés Kwame Nkrumah en 1958, a Organización para a Unidade Africana de 1963, ou a Comunidade Económica Africana fundada en 1991.
A idea de crear a UA foi relanzada por algúns xefes de Estado e de Goberno na declaración de Bengasi (Libia) o 9 de setembro de 1999, baixo o auspicio de Muamar al-Qadafi, Líder e Guía da Revolución. Á devandita declaración seguiron unha serie de cumes en Lomé (Togo) en 2000, onde se redactou o Acta Constitutiva da Unión Africana; e en Lusaca (Zambia) en 2001, onde se aprobou o plan para a instauración da Unión.
No acta constitutiva facíase un chamamento á diáspora africana a implicarse activamente no desenvolvemento da Unión.
A Unión Africana foi inaugurada formalmente o 9 de xullo de 2002 polo seu primeiro presidente, o surafricano Thabo Mbeki. Naquel momento, a UA aínda incluía varias ditaduras entre os seus membros e para combatelas, a organización afirmou que interviría nos países africanos onde se cometan crimes contra a humanidade. En 2012, a UA inaugurou a súa sede central en Adís Abeba. O proxecto foi financiado na súa totalidade pola China, e tivo un custo de 200 millóns de dólares estadounidenses. O edificio inclúe unha torre de 100 metros con vista a un centro de conferencias.
En 2017 Marrocos ingresou na UA, xa que en 1984 retirouse da anterior Organización para a Unidade Africana (OUA), cando varios países membros apoiaron ao Movemento Nacional de Liberación Saharauí encarnado no Fronte Polisario na súa proclamación da independencia da República Árabe Saharauí Democrática.BBC News (8 July2001) - "OAU considers Morocco readmission" (acceso 9 de xullo de 2006). O aliado marroquí, Zaire, igualmente opúxose á admisión na OUA da RASD, e o réxime de Mobutu boicoteou a organización desde 1984 ata 1986.Zaire: A Country Study, "Relations with North Africa" (consultado o 18 de maio de 2007) O 31 de xaneiro de 2017, 39 membros da Unión Africana apoiaron o ingreso de Marrocos á UA.La Unión Africana readmite a Marruecos 32 años después de su salida. RTVE. 31 de xaneiro de 2017 Con todo, en xuño de 2019 a UA suspendeu a membresía do Sudán na organización, en resposta ao suposto maltrato dos manifestantes por parte do goberno, revogando a súa suspensión o 6 de setembro de 2019 tras a formación do goberno de transición. Doutra banda, tras o golpe de estado de Malí de agosto de 2020, suspendeuse a membresía de Malí, sendo readmitida o 9 de outubro de 2020.
Desde 2010, a Unión Africana contempla a creación dunha axencia espacial conxunta africana.
Barack Obama foi o primeiro presidente dos Estados Unidos en funcións en falar diante da Unión Africana en Adís Abeba, o 29 de xullo de 2015. Co seu discurso, animou ao mundo a aumentar os lazos económicos mediante investimentos e comercio co continente, e eloxiou os avances en educación, infraestruturas e economía. Pero tamén criticou a falta de democracia e de líderes que se negan a dimitir, a discriminación contra as minorías (incluídas as persoas LGBT, os grupos relixiosos e as etnias) e a corrupción. Suxeriu unha intensificación da democratización e do libre comercio, para aumentar significativamente a calidade de vida dos africanos. Xeografía thumb|Rexións da Unión Africana:
Os estados membros da Unión Africana cobren case a totalidade da África continental, agás varios territorios que posúe España (Ceuta, Melilla, e Peñón de Vélez da Gomera). Ademais, os países europeos teñen dependencias entre as illas costeiras de África: España (as illas Canarias e as illas das prazas de soberanía); Francia (Mayotte, Reunión e as illas dispersas do Océano Índico); Portugal (os Azores, Madeira e as Illas Salvaxes); e o Reino Unido (Santa Helena, Ascensión e Tristan da Cunha). A xeografía da Unión Africana é tremendamente diversa, incluído o deserto cálido máis grande do mundo (o deserto do Sáhara), enormes selvas e sabanas e o segundo río máis longo do mundo (o Nilo).
A UA ten unha área de 29.922.059 km2, con 24.165 km de costa. A gran maioría desta área está na África continental, mentres que os únicos territorios significativos fóra do continente son a illa de Madagascar (o microcontinente máis grande do mundo e a cuarta illa máis grande do mundo) e a Península do Sinaí (xeograficamente unha parte de Asia), representando algo menos do 2% da superficie total. Demografía Poboación A poboación total da Unión Africana, en 2017, estímase en máis de 1.250 millóns de persoas, cunha taxa de crecemento de máis do 2,5% anual. Linguas miniatura|upright|Mapa que mostra as familias de linguas tradicionais representadas en África (1996)
As linguas oficiais da Unión Africana son o árabe, o español, o francés, o inglés, o portugués, o swahili e "calquera outra lingua africana" As principais linguas de traballo da Unión Africana son o inglés e o francés. En menor medida utilízanse o portugués e o árabe. O acta constitutiva, por exemplo, está redactada en inglés, francés e árabe, mentres que o protocolo polo que se modifica a acta constitutiva está redactada en inglés, francés e portugués. Desde 2020, o sitio web da UA está dispoñible na súa totalidade en inglés, parcialmente en francés e minimamente en árabe.
Segundo o Acto Constitutivo da Unión Africana,Artigo 25, Acto Constitutivo da Unión Africana
En 2003 adoptouse un protocolo de modificación da Acta Constitutiva, que en abril de 2020 foi ratificado por 30 dos 37 Estados membros necesarios para unha maioría de dous terzos. A súa redacción cambiaría pola seguinte,