Boys Don't Cry é un filme estadounidense de 1999 dirixido por Kimberly Peirce e protagonizado por Hilary Swank e Chloë Sevigny. É unha produción de cine independente, baseada na historia real de Brandon Teena, un mozo transexual que foi violado e asasinado o 31 de decembro de 1993 polos seus amigos masculinos cando descubriron que tiña xenitais femininos (naceu bioloxicamente como muller, pero vivía como home).
Recibiu boas críticas positivas, especialmente polas actuacións de Swank e Sevigny, e foi un éxito de portelo considerando o seu baixo orzamento e a produción independente. Tamén obtivo numerosos premios.
Está ambientada en Lincoln e Falls City, ambas en Nebraska, aínda que foi rodada en Greenville, Texas, unha pequena cidade unhas 45 millas ao noroeste de Dallas.
Elenco Hilary Swank como Teena Brandon Chloë Sevigny como Lana Tisdel Peter Sarsgaard como John Lotter Brendan Sexton III como Tom Nissen Alicia Goranson como Candace Jeanetta Arnette como Juliet Tisdel, a nai de Lana Alison Folland como Kate Matt McGrath como Lonny Rob Campbell como Brian
Galardóns e nomeamentos Oscar 2000 (EUA) Venceu na categoría de mellor actriz (Hillary Swank). Candidata na categoría de mellor actriz secundaria (Chloë Sevigny).
Globo de Ouro 2000 (EUA) Venceu na categoría de mellor actriz (Hillary Swank).
BAFTA 2001 (Reino Unido) Candidata na categoría de mellor actriz (Hillary Swank).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1999 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Fox Searchlight Pictures Categoría:Filmes rodados en Texas Categoría:Filmes ambientados en Nebraska Categoría:Filmes ambientados en 1993 Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes preservados no National Film Registry