Juan Reboreda Enríquez, nado en Mondariz o 2 de xuño de 1938 e finado o 31 de maio de 2022, foi un político galego do PPdeG.
Traxectoria Foi secretario da Cámara Agraria Local e director da sucursal de Mondariz de Caixa Galicia. Foi concelleiro e primeiro tenente de alcalde do concello de Mondariz e en 1970 foi nomeado alcalde. Presentouse ás primeiras eleccións democráticas encabezando a candidatura de Unión del Condado e foi elixido alcalde. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións por Alianza Popular, logo PPdeG, sempre con maioría absoluta. 0 27 de novembro de 2002 renunciou como alcalde, sendo substituído polo primeiro tenente de alcalde Julio Alén Montes. Foi deputado provincial e presidente do Mondariz F. C.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Mondariz
Ligazóns externas Ficha en galegos.info Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Mondariz Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Mondariz Categoría:Nados en 1938 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes