Jane Birkin, nada en Londres o 14 de decembro de 1946, e finada en París o 16 de xullo de 2023 foi unha actriz e cantante británica que residiu en Francia dende finais dos anos sesenta. Estivo casada con John Barry e despois con Serge Gainsbourg, con quen tivo a Charlotte Gainsbourg.
Je t'aime... moi non plus Foi a intérprete de 'Je t'aime... moi non plus’, despois de que a súa primeira intérprete, Brigitte Bardot, lle pedise ao produtor que non a editase para non molestar ao seu marido. Gainsbourg tamén lle pediu a Marianne Faithfull que gravase a canción con el; ela dixo: "Hah! Preguntou a todas".
En 1968, Gainsbourg e a actriz inglesa Jane Birkin comezaron unha relación cando se coñeceron no set da película Slogan. Despois de filmar, pediulle que gravase a canción con el. Birkin escoitara a versión de Bardot e pensou "so hot" (moi quente). Gainsbourg pediulle que cantase unha oitava máis alta que Bardot, "para soar como unha nena". Foi lanzado en febreiro de 1969. O sinxelo tiña unha portada simple, coas palabras "Interdit aux moins de 21 ans" (prohibido para os menores de 21 anos), e a discográfica cambiou o selo de Philips á súa filial Fontana.
A canción, que contén xemidos orgásmicos e versos eróticos, causou gran controversia, sendo prohibida en varios Estados como o Portugal salazarista, a España franquista, Suecia, Polonia, Iugoslavia ou Brasil. En Italia o disco chegouse a editar coa correspondente crítica do Vaticano, que alzou a voz contra unha canción que considerou obscena, e só podía ser transmitida en Francia despois da medianoite. Porén, logrou un grande éxito, chegando ao número un na lista británica, a pesar de estar vetada nas radios, en 1969. A canción contribuíu a cimentar a relación entre Gainsbourg e Birkin, que durou até os anos oitenta.
A bolsa Birkin A "bolsa Birkin" (Birkin bag) é un bolso de luxo fabricada por Hermès, unha empresa francesa de alta costura. O nome do bolso é unha homenaxe a Jane Birkin.
En 1983, Jean-Louis Dumas, o presidente de Hermès daquela época, atopouse sentado ao lado de Birkin nun voo. Na viaxe, ela derrubou a súa bolsa e todo o contido espallouse. Birkin explicou a Dumas que lle resultaba difícil atopar unha bolsa que lle gustase, e Dumas decidiu crear unha bolsa especialmente para ela, e Birkin axudou no deseño.
En Galiza En 2018, como parte da súa xira internacional deu un concerto en Pontevedra, e sobre o escenario estivo acompañada pola Filharmónica Cidade de Pontevedra e polo pianista xaponés Nobuyuki Nakajima.
Discografía La Chanson du Slogan (1969) Di Doo Dahs (1973) Lolita Go Home (1975) Ex-Fan des Sixties (1978) Egon Schiele – Exzesse (1981) Baby Alone en Babylone (1983) Lost Songs (1987) Jane Birkind au Bataclan (1987) Amours des feintes (1990) Jane Beak (1992) Intégrale au Casino de Paris (1992) Versions Jane (1996) Intégrale à l'Olympia (1996) The Best Of the floor (1998) À la legère (1999) Arabesque (2002) Rendezvous (2004) Fictions (2006) Enfants d'Hiver (2008)
Véxase tamén
Outros artigos Serge Gainsbourg Charlotte Gainsbourg Música francesa Cinema francés Brigitte Bardot John Barry
Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Cantantes de Inglaterra Categoría:Nados en Westminster Categoría:Participantes nos Enfoirés Categoría:Nados en 1946 Categoría:Músicos de Inglaterra Categoría:Músicos de Francia Categoría:Cantantes en lingua francesa