O termo depresión (do latín depressio, «opresión», «encollemento» ou «abatemento») pode referirse a:
Depresión, en xeoloxía, unha zona do relevo situada a un nivel inferior cá superficie veciña. Depresión, en psicoloxía, un trastorno psíquico caracterizado por un estado de tristeza e desánimo, por veces con ansiedade. Depresión, en economía, un descenso significativo da actividade económica. A Gran Depresión foi un período de grave recesión económica que comezou en 1929 e rematou coa segunda guerra mundial.