A FIBA SuproLeague ou Suproliga foi unha competición baloncesto de Europa organizada por FIBA Europa durante a tempada 2000-01 despois da excesión da ULEB, que organizou ese mesmo ano a Basketball Euroleague. Entón, ese mesmo ano algúns equipos decidiron participar nesta competición e outros na Euroliga. Na Suproliga participaron vinte equipos de catorce estados distintos.
En canto a competición, os catro mellores equipos, foron o Maccabi israelí, o CSKA ruso, o Panathinaikos BSA grego e o Efes Pilsen turco, nunha Final Four disputada no Palais Omnisports de Bercy en París, capital de Francia. Finalmente proclamouse campión o equipo israelí tras vencer na final por catorce puntos de diferenza, 81 a 67, ao Panathinaikos de Atenas.
O título da Suproliga obtido nesta competición polo Maccabi de Tel Aviv considérase igual de válido que o obitido pola Kinder Bologna na edición da Euroliga, polo que en 2001 houbo dous campión oficiais de Europa.
Historia
A Euroliga, competición coñecida historicamente como "Copa de Europa", foi creada pola Federación Internacional de Baloncesto (FIBA) e operou baixo o seu paraugas dende 1958 até o verán de 2000, incluíndo a tempada 1999-00. Foi entón cando ULEB, abreviatura de Unión de Ligas Europeas de Baloncesto, creou pola súa parte outra competición paralela cos vinte e catro clubs máis ricos, a maioría deles procedentes de España, Italia e Grecia.
Sorprendentemente, a FIBA nunca rexistrara o nome de "Euroliga", polo que a ULEB utilizouno sen ningún tipo de consecuencias legais, e a FIBA non tivo máis remedio que aceptalo e procurar un novo nome para a súa competición. Por tanto, a seguinte tempada comezou con dúas competicións separadas do máis alto baloncesto europeo: a FIBA SuproLeague (coñecida anteriormente como FIBA Euroleague) e a nova ULEB Euroleague.
Os principais clubs europeos non amosaron sinais de ceder e organizar unha soa competición, polo que acabaron divididos entre as dúas ligas o Panathinaikos, o Maccabi Tel Aviv, o CSKA de Moscova ou o Efes Pilsen quedaron coa FIBA, mentres que o Olympiacos, a Kinder Boloña, o FC Barcelona, o TAU Cerámica ou o Žalgiris Kaunas quedaron coa ULEB. Así, en maio de 2001 Europa tivo dous campión: a Virtus Boloña vencedora da ULEB Euroleague e o Maccabi Tel Aviv vencedor da FIBA SuproLeague. Hoxe considéranse ambos títulos como válidos.
Participantes EquipoCidadeEstadoPavillónCapacidadeTítulos20px Alba BerlinBerlín AlemañaMax-Schmeling-Halle8.200020px ASVEL VilleurbanneVilleurbanne FranciaAstroballe5.600020px CSKA MoskowMoscova RusiaCSKA Universal Sports Hall5.000420px Efes PilsenIstanbul TurquíaAyhan Şahenk3.500020px Iraklis BC SATesalónica GreciaIvanofio2.400020px KK Krka TelekomNovo Mesto EsloveniaDvorana Leona Štuklja3.000020px Lietuvos RytasVilnius LituaniaLietuvos ryto arena2.000020px Maccabi Tel AvivTel Aviv IsraelYad Eliyahu10.000220px Maccabi NessRa'anana IsraelRa'anana Sports Center2.000020px Montepaschi SienaSiena ItaliaPalaSclavo6.000020px Panathinaikos BSAAtenas GreciaOAKA Indoor Hall18.825220px PartizanBelgrado IugoslaviaHala Pionir8.000120px Pau OrthezPau FranciaPalais des Sports de Pau7.500020px Plannja BasketLuleå SueciaPontushallen2.600020px Scavolini BasketPesaro ItaliaAdriatic Arena9.755020px Osiguranje SplitSplit CroaciaSportski centar Gripe3.500320px Telindus OostendeOostende BélxicaSleuyter Arena5.000020px TSV Bayer 04Leverkusen AlemañaWilhelm Dopatka Halle3.500020px Ülker IstanbulIstanbul TurquíaAbdi İpekçi Arena11.416020px Zepter Idea ŚląskWrocław PoloniaHala Orbita2.5000
Formato A competición comezou a andar cunha fase regular ("rolda de clasificación" ou "Qualification Round"), na que os vinte equipos que formaban parte da competición dividíronse en dous grupos de dez equipos cada un. Cada equipo xogou contra o resto do seu grupo en partidos de ida e volta, o que resultou en dezaoito partidos para cada equipo.
Os oito mellores equipos de cada grupo avanzaron á rolda de oitavos de final, e os gañadores avanzaraon aos cuartos. Ámabalas roldas disputáronse ao mellor de tres partidos cun sistema de playoffs. Os equipos que resultaron vencedores nos cuartos de final clasificáronse para a Final Four, que se celebrou no Palais Omnisport de Bercy en París, entre o 10 e o 13 de maio de 2001.
Rolda de clasificación Os oito primeiros de cada grupo clasifícanse á rolda de oitavos de final.
Clave para os gruposClasificados para oitavos de final
Grupo A EquipoPXPGPPPFPCDif 1. Panathinaikos BSA 18 13 5 1477 1364 113 2. CSKA Moscova 18 12 6 1429 1376 53 3. Osiguranje Split 18 12 6 1363 1335 28 4. Ülker Istanbul 18 11 7 1481 1419 62 5. Alba Berlin 18 9 9 1439 1408 31 6. ASVEL Villeurbanne 18 9 9 1413 1400 13 7. Lietuvos Rytas 18 7 11 1522 1536 -14 8. Zepter Idea Śląsk 18 7 11 1432 1446 -14 9. Montepaschi Siena 18 6 12 1406 1495 -89 10. Maccabi Raanana 18 4 14 1294 1477 -183
Grupo B EquipoPXPGPPPFPCDif 1. Maccabi Tel Aviv 18 15 3 1616 1343 273 2. Efes Pilsen 18 13 5 1478 1386 92 3. Partizan 18 11 7 1492 1517 -25 4. Iraklis BC SA 18 10 8 1494 1504 -10 5. Scavolini Basket 18 9 9 1594 1518 76 6. Pau Orthez 18 9 9 1486 1432 54 7. Telindus Oostende 18 8 10 1478 1544 -66 8. KK Krka Telecom 18 7 11 1401 1487 -86 9. TSV Bayer 04 18 6 12 1559 1624 -65 10. Plannja Basket 18 2 16 1394 1637 -243
Oitavos de final Os vencedores de cada eliminatoria pasaron xogar os cuartos de final. Cada un dos partidos de oitavos de final xogouse ao mellor de tres, pasando entón de rolda o primeiro en acadar dúas vitorias. Os cruces foron entre os equipos que quedaron en primeiro lugar na fase de clasificación dun grupo e os oitavos do outro, o segundo co sétimo, e así sucesivamente, xogando o mellor clasificado o primeiro encontro na casa. Equipo 1Agr.Equipo 2Xogo 1Xogo 2Xogo 3 1 Maccabi Tel Aviv 2 – 0 Zepter Idea Śląsk 81 - 75 85 - 62 2 Ülker Istanbul 1 – 2 Scavolini Basket 91 - 81 83 - 96 85 - 88 3 Partizan 1 – 2 ASVEL Villeurbanne 80 - 73 76 - 94 62 - 73 4 CSKA Moscova 2 – 0 Telindus Oostende 94 - 76 77 - 70 5 Efes Pilsen 2 – 1 Lietuvos Rytas 89 - 78 69 - 73 86 - 67 6 Osiguranje Split 2 – 0 Pau Orthez 79 - 78 85 - 83 7 Iraklis BC SA 1 – 2 Alba Berlin 78 - 67 77 - 88 75 - 86 8 Panathinaikos BSA 2 – 0 KK Krka Telekom 82 - 65 84 - 79
Cuartos de final Os vencedores de cada eliminatoria pasou xogar a Final Four. Cada un dos partidos de cuartos de final xogouse ao mellor de tres, pasando entón de rolda o primeiro en acadar dúas vitorias. O primeiro partido, e o terceiro partido cando houbo, xogou na casa do mellor clasificado na fase regular. Equipo 1Agr.Equipo 2Xogo 1Xogo 2Xogo 3 1 Maccabi Tel Aviv 2 – 0 Scavolini Basket 80 - 69 85 - 62 2 CSKA Moscova 2 – 0 ASVEL Villeurbanne 78 - 63 82 - 76 3 Efes Pilsen 2 – 1 Osiguranje Split 95 - 69 64 - 72 82 - 59 4 Panathinaikos BSA 2 – 0 Alba Berlin 87 - 77 71 - 69
Final Four A Final Four da Suproliga foi xogada no Palais Omnisports de Paris-Bercy en París, Francia, entre o 11 e o 13 de maio de 2001.
Semifinais Semifinal 1
Semifinal 2
Terceiro posto
Final
SuproLeague Champions160pxMaccabi Tel Aviv B.C.מכבי תל אביב Terceiro título
Véxase tamén Outros artigos Euroleague Basketball
Ligazóns externas FIBA Europe Sitio web da SuproLeague
Categoría:Euroliga Categoría:Competicións de baloncesto de Europa Categoría:Tempadas da Euroliga Categoría:Baloncesto en 2001