Homero xuntaba adxectivos e substantivos para crear adexectivos compostos coñecidos como epitetos homéricos que aplicaba a nomes fixos. Tanto A Ilíada como A Odisea caracterízanse por contar con numerosos destes epítetos dobres, como Aquiles, o dos pés lixeiros ou a aurora de dedos rosados.

O nome máis o epíteto constitúen unha fórmula que se axusta á estrutura métrica do verso. O uso de fórmulas é característica da antiga poesía épica. Tiñan como funcións a axuda mnemónica para o recitado, servir de pausa no mesmo en canto o aedos prepara a continuación da narrativa e fornecer un verso feito con rima coñecida.

Os epitetos homéricos caracterizan a natureza dun personaxe e, ás veces, dun obxecto ou dun acontecemento.

Epítetos homéricos famosos

Aquiles fillo de Peleu dos pés lixeiros (podas ôkus) divino (dios) Afrodita amante do riso (philommeidês) dourada (chrusê) Agamenón fillo de Atreo caudillo de homes (anax andrôn) Aiax fillo de Télamo baluarte dos aqueos (herkos Achaiôn) Apolo que fere desde lonxe (hekêbolos ou hekatêbolos) Ares matador de homes (androphonos) descarado (chalkeos) Atenea dos ollos brillantes, dos ollos de mouchoIntentando socavar una falsa creencia: la identidad del ave de Atenea. Lucía Rodríguez-Noriega Guillén. Universidad de Oviedo. (glaukôpis) Eos (Aurora) de dedos rosados (rhododaktulos) a que se ergue cedo (êrigeneia) do trono dourado (chrusothronos) do formoso trono (euthronos) Heitor fillo de Príamo de tremolante casco (koruthaiolos) glorioso (phaidimos) domador de cabalos Hefesto dos dous fortes brazos (amphiguêeis) Helena Arxiva (de Argos) de adorábeis cabelos (eukomos) nacida de Zeus (Dios ekgegauia) amante de moitos homes de profunda cintura Hera de ollos de vaca (boôpis) de níveos brazos (leukôlenê) Menelao fillo de Atreo de cabelos claros, loiro (xanthos) bo á chamada da guerra (boên agathos) Nausicaa de níveos brazos Paris (Alexandros) fillo de Príamo señor de Helena a dos cabelos claros (Helenês posis eukomoio) Patroclo fillo de Menoitios de grande corazón (megathumos) Poseidón que abana a terra (enosichtôn) Tetis de pés de prata (arguropeza) de adorábeis cabelos (eukomos) Ulises astuto (polumêtis) resistente (polutlas) saqueador de cidades (ptoliporthios) fecundo en ardides Zeus que xunta as nuves (nephelêgereta) o mar (pontos) da cor do viño (oinops)

Notas

Categoría:Mitoloxía literaria Categoría:Literatura da Grecia antiga