A comarca dos Valles Pasiegos ou la Pasieguería é unha comarca histórica de Cantabria (España). Por esta comarca transcorren os ríos Pas e Miera. Limita ao norte coa comarca de Santander, ao leste coa do Asón-Agüera, ao oeste coa do Besaya, e ao sur esténdese por Espinosa de los Monteros na provincia de Burgos.
A comarca, tamén coñecida como Pas-Miera ou Pas-Pisueña-Miera, engloba os cursos altos dos ríos Pas e Miera, e está formada polos vales de Toranzo, Carriedo, Cayón e Pas. Cun carácter eminentemente rural, a súa poboación bascula cara a Torrelavega, Santander ou Laredo en busca de servizos. Destaca do lugar o val pasiego polas súas históricas características intrínsecas.
A pesar de que xa existe unha lei de comarcalización de Cantabria, esta aínda non foi desenvolvida polo tanto a comarca non ten entidade real.Lei 8/1999, de 28 de abril, de comarcas da comunidade autónoma de Cantabria.
Concellos Castañeda Corvera de Toranzo Luena Puente Viesgo San Pedro del Romeral San Roque de Riomiera Santa María de Cayón Santiurde de Toranzo Saro Selaya Vega de Pas Villacarriedo Villafufre
centro|700px|miniatura|Imaxe panorámica da zona baixa do val do Miera vista desde o Somo de Brenas.
Demografía Concellos máis poboados da comarcaPosiciónConcelloPoboación1ºSanta María de Cayón||align=right|7.377 |- |2º||align=left|Puente Viesgo2.5223º'''Corvera de Toranzo2.199 A poboación total da comarca alcanza a cifra de 23.257 habitantes, segundo datos do INE do ano 2006. Segundo os datos do mesmo ano, os seus tres núcleos máis poboados, de maio a menor, son: Santa María de Cayón (7.377), Puente Viesgo (2.522) e Corvera de Toranzo (2.199). E os seus tres núcleos menos poboados, de menor a maior, son: San Roque de Riomiera (461), Saro (510) e San Pedro del Romeral (561).
Galería
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Vallespasiegos.org Vallespasiegos.com
Valles Pasiegos