Vanth, oficialmente , é o único satélite natural que se lle coñece ó plutino é moi posiblemente planeta anano . Foi descuberto por Mike Brown e T.-A. Suer usando imaxes tomadas polo Telescopio Espacial Hubble o 13 de novembro do 2005. O seu descubrimento foi confirmado o 22 de febreiro do 2007 na circular 8812 da UAI.
Órbita A lúa orbita Orcus "nun círculo case perfecto", cunha período orbital de case 10 días. Brown sospeita que coma no caso de Plutón e Caronte, Orcus e Vanth están ancorados gravitacionalmente.
Propiedades Vanth foi atopado a só 0,25 arcsec respecto de Orcus, cunha diferenza na magnitude absoluta de 2,7±1,0. As estimacións feitas por Mike Brown no 2009 indican que a magnitude aparente de Vanth é de 21,97 ± 0.05, o cal significa que é 2,54 ± 0,01 magnitudes menos brillante cá Orcus. Isto suxire que ten un diámetro duns 280 km ou o que é o mesmo, que ten un diámetro 3,2 veces máis pequeno có seu primario, asumindo que teñan albedos semellantes. Pensase que a diferenza de cores entre Orcus (neutral) e Vanth (vermello), suxire que está última podería ter un albedo dúas veces menor có de Orcus, polo tanto Vanth podería ter máis de 380 km de diámetro, cun Orcus que estaría nos 860 km de diámetro. A masa de Vanth tamén depende do albedo que posúa, a cal pode variar entre o 3% ó 7,5% da masa total do sistema.
O satélite non semella ser coma outros satélites que teñen a súa orixe nun evento de colisión, xa que o seu espectro é bastante diferente en relación có do seu primario, o cal podería indicar que foi un obxecto do cinto de Kuiper capturado.
Nome Unha vez descuberta, Vanth recibiu a designación provisional de . O 23 de marzo do ano 2009, Brown pediulles ós lectores da súa columna semanal que suxerisen posibles nomes para a lúa, o mellor deles seríalle enviado á Unión Astronómica Internacional (UAI) o 5 de abril do mesmo ano. O nome de Vanth provén dunha deusa da mitoloxía etrusca que guiaba as almas dos mortos ó inframundo e foi escollido entre unha manchea de suxestións. Vanth foi a única proposta puramente etrusca, foi a suxestión máis popular e foi suxerida en primeira instancia por Sonya Taaffe. Está suxestión foi avaliada e aprobada pola UAI nunha circular emitida 30 de marzo do 2010.
A etrusca Vanth é frecuentemente asociada coa compañía de Caronte, así mesmo tamén o sistema de Orcus (alcumado o "anti-Plutón" por culpa da resonancia que posúe con Neptuno, o que fai Orcus sempre estea mirando cara oposta do Sol, respecto da que está mirando Plutón) e Vanth é comparado co sistema de . Brown citou tamén a Taaffe cando dicía que Vanth "acompañaba as almas dos mortos dende o momento da súa morte ata a súa viaxe ó inframundo, do mesmo xeito que a súa cara sempre miraba cara Orcus", unha referencia á posible órbita sincrónica de Vanth respecto de Orcus.
Notas
Categoría:Orcus Categoría:Satélites trans-neptunianos