A Cuadrilla de Zuia (en éuscaro: Zuiako Koadrila) e oficialmente Cuadrilla de Zuya/Zuiako Koadrila é unha das sete comarcas ou cuadrillas do territorio histórico de Áraba, no País Vasco. Coñécese tamén a comarca como Estribaciones del Gorbea (Gorbeia Inguruak), xa que gran parte da mesma sitúase no piemonte do monte Gorbeia. A capital comarcal é Murgia, no municipio de Zuia. Conta cunha poboación de 9.420 (2010).

Parte dos parques naturais de Gorbea e Urkiola esténdense por esta comarca. Nesta comarca atópanse os 3 pantanos de Áraba: Ullibarri-Gamboa, Urrunaga e Albina.

Concellos Concello Extensión(km²) Poboación (2010)(hab.) Densidade(hab./km²) Aramaio 73,27 1.497 20,43 Arratzua-Ubarrundia 57,41 913 15,9 Legutio 45,85 1.644 35,86 Urkabustaiz 60,49 1.271 21,01 Zigoitia 102,07 1.694 16,6 Zuia 122,49 2.401 19,6 461,58 9.420 20,40

Véxase tamén Ligazóns externas Cuadrilla de Zuia

Zuia