Silverchair foi unha banda australiana de rock alternativo. O grupo formouse co nome Innocent Criminals en Merewether, Newcastle, Australia no ano 1992, co vocalista e guitarrista Daniel Johns, o baixista Chris Joannou e o batería Ben Gillies. Silverchair tivo moito éxito no seu país de orixe, gañando os principais premios da industria musical australiana, os ARIA Awards, 21 veces. A banda tamén recibiu seis APRA Awards.

A súa popularidade comezou a mediados de 1994 cando gañaron un concurso nacional de demos organizado por un programa de televisión e a radio Triple J. A banda asinou pouco despois un contrato con Murmur, e fixéronse coñecidos na escena rock de todo o mundo. No ano 2003, despois da edición de Diorama, a banda anunciou un hiato, durante o cal os seus membros gravaron cos seus proxectos paralelos, The Dissociatives, The Mess Hall e Tambalane. Silverchair reuniuse no 2005 para os concertos Wave Aid, editou Young Modern no 2007 e realizou a xira Across the Great Divide con Powderfinger. Ata a data a banda vendeu ao redor dos 6 millóns de discos.

Discografía Álbum Ano Selo Frogstomp 1995 Murmur Records Freak Show 1997 Murmur Records Neon Ballroom 1999 Sony, Murmur Diorama 2002 Atlantic/Eleven Young Modern 2007 Atlantic/Eleven

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de pop rock Categoría:Grupos musicais de grunge Categoría:Grupos musicais de Nova Gales do Sur‎ Categoría:Grupos musicais formados en 1992 Categoría:Grupos musicais separados en 2011