, naceu o 15 de xuño de 1926 e faleceu o 6 de marzo de 2006 nun hospital en Hokkaido na cidade de Sapporo. Shigeru Kayano foi un dos derradeiros falantes nativos da lingua ainu e a figura principal no movemento étnico dos ainus no Xapón. É considerado como unha das voces máis importantes a prol da defensa da cultura ainus, a súa lingua e costumes, buscando os dereitos políticos, culturais e humanos para os ainus. Shigeru Kayano definía Hokkaido cunha única frase: - "Hokkaido, Ainu no kuni desu" (Hokkaido, o país do pobo Ainu).
Política Foi o primeiro político do pobo ainu na Kokkai (cámara alta xaponesa), polo Partido Social Democrático entre 1994 e 1998.
Como escritor Foi o autor de máis de 25 libros sobre o pobo ainu, cos que non só tentou divulgar a súa cultura, senón tamén reivindicar os dereitos culturais, sociais e a liberación psicolóxica de moitos descendentes dos ainus.
Algúns dos seus libros traducidos en lingua inglesa son:
Our Land Was a Forest - (Traducido por Paperback - 1994) The Ainu - (Traducido por Hardcover - 2004) The Ainu And the Fox - (Traducido por Hardcover - 2006) Ainu no mingu - (Traducido por Hardcover - 1984) Kayano Shigeru no Ainugo jiten - 1996 Tsuma wa karimono - 1994
Homenaxes O Museo Ainu de Nibutani foi fundado e adicado ó seu nome como homenaxe á súa dedicación ó pobo ainu. O museo constitúe un referente da cultura, costumes e historia dos ainus. Kayano Shigeru Ainu Museum Foundation
Véxase tamén
Ligazóns externas Museu Ainu
Outros artigos Pobo ainu Lingua ainu
Categoría:Políticos do Xapón Categoría:Nados en 1926 Categoría:Nados na prefectura de Hokkaido Categoría:Pobo ainu