Flannery O'Connor, nada en Savannah (Xeorxia) o 25 de marzo de 1925 e finada en Milledgeville o 3 de agosto de 1964, foi unha escritora estadounidense do século XX. Foi autora de dúas novelas, 32 relatos e publicou tamén ensaios e recensións.
O'Connor pertenceu ó movemento da literatura do sur estadounidense, e adoitou usar un estilo sardónico propio do gótico do sur. Empregou acotío escenarios rexionais e personaxes grotescas, normalmente en situacións violentas. Na súa escrita, o drama tende a xirar arredor da aceptación ou rexeitamento realista das limitacións, imperfeccións ou diferenzas dos seus protagonistas (sexan atribuídas á discapacidade, á raza, ó crime, á relixión ou á tolemia).
As súas obras acostuman a reflectir a súa fe católica, examinando cuestións sobre a moral e a ética. Nas súas propias palabras, "todas as miñas historias versan sobre a acción da graza nunha personaxe que non ten demasiada intención de aceptala, mais a meirande parte da xente pensa que estas historias son duras, desesperadas, brutais etc.".
A escolma póstuma dos seus relatos, Complete Stories, gañou o Premio Nacional do Libro de Ficción dos Estados Unidos en 1972.
Publicacións Novelas
Wise Blood (1952) The Violent Bear It Away (1960)
Coleccións de relatos curtos
A Good Man Is Hard to Find and Other Stories (1955) Everything That Rises Must Converge (1965) The Complete Stories (1971)
Outros traballos
Mystery and Manners: Occasional Prose (1961) The Habit of Being: Letters of Flannery O'Connor (1979) The Presence of Grace: and Other Book Reviews (1983) Flannery O'Connor: Collected Works (1988) Flannery O'Connor: The Cartoons (2012) A Prayer Journal (2013)
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas The Flannery O'Connor Repository
Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1925 Categoría:Nados no condado de Chatham, Xeorxia Categoría:Finados en 1964 Categoría:Alumnos do Georgia College Categoría:Contistas