José María López Noceda, nado en San Xusto de Cabarcos (Barreiros) o 25 de xullo de 1931 e finado en Burela o 10 de febreiro de 2013,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 12-2-2013, p. 50. foi un político galego do PPdeG.

Traxectoria Profesor Mercantil e xestor administrativo. Nas primeiras eleccións democráticas presentouse á alcaldía de Lourenzá encabezando unha candidatura independente e foi elixido alcalde. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións xa por AP sempre con maioría absoluta. Nas eleccións de 1989 foi elixido deputado do Parlamento de Galicia polo PPdeG e renunciou como alcalde por incompatibilidade pasando a primeiro tenente de alcalde. Volveu ser elixido deputado do Parlamento galego en 1993. Foi presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense dende a súa fundación. Foi membro fundador da FEGAMP e do Consello Federal.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Lourenzá

Ligazóns externas Ficha en galegos.info

Categoría:Alcaldes de Lourenzá Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Barreiros Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes