Ondo é un dos Estados formantes da República Federal de Nixeria. Foi creado o 3 de febreiro de 1976 a partir do antigo Estado Occidental. Orixinalmente incluía o que é agora o estado de Ekiti, que foi creado en 1996. A súa capital é a cidade de Akure. Segundo a estimación do censo para o 2005, ten unha poboación de 4 011 407 habitantes, nunha área de 14.606 km2.

Áreas de Goberno Local

Atópase subdivido internamente nun total de 18 áreas de goberno local:

Akok-South-East Akoko-North-East Akoko-North-West Akoko-South-West Akure-North Akure-South Ese-Odo Idanre Ifedore Ijaye Ile-Oluji-Okeigbo Irele Odigbo Okitipupa Ondo-East Ondo-West Ose Owo

Ondo