Antonio Carracedo Sacedón, coñecido como Antón Carracedo, nado en Laxe o 29 de xaneiro de 1955, é un político galego do PSdeG-PSOE, que foi alcalde de Laxe a principios do século XXI.
Traxectoria Foi director do ISM en Laxe. Comezou a súa carreira política en Esquerda Galega encabezando a candidatura en Laxe en 1983 e logrando 1 concelleiro. En 1987 e 1991, xa como PSG-EG logrou 3 concelleiros e foi a segunda forza política. En 1995 integrouse con todo o seu equipo no PSdeG-PSOE, formación que encabezou e coa que logrou 5 concelleiros, quedándose a 1 de lograla maioría fronte ao PPdeG. En 1999 foi elixido alcalde de Laxe con maioría absoluta tras un empate inicial a votos co Partido Popular, pero finalmente terminou superándoo en votos trala anulación de 5 votos da emigración ó PPdeG, tras diversas irregularidades no voto emigrante ás que se lle sumou a aparición de dous sobres na papeleira.La Voz de Galicia Carballo, 21-7-1999 p.36 Nas eleccións municipais de 2003 foi reelixido alcalde por maioría absoluta. Continuou como alcalde nas municipais de 2007 tamén con maioría absoluta. Nas municipais de 2011 volveu acadar a alcaldía como cabeza da lista máis votada. Ao remate desa lexislatura deixou a primeira liña política.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Laxe
Ligazóns externas Laxe, un paraíso en el Noroeste
Categoría:Alcaldes de Laxe Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Laxe Categoría:Nados en 1955 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes