Os Akna Montes son unha cadea montañosa que está situada na marce occidental da planicie de Lakshmi Planum de Venus, este macizo montañoso está centrado sobre as coordenadas 68,9° N 318,2° L e ten 830 km de longo.

Está cadea montañosa leva dirección norte-sur ó longo da marxe occidental da planicie elevada de Lakshmi Planum. A planicie de Lakshmi Planum foi o resultado de masivas erupcións volcánicas e está rodeada por todos lados de cadeas montañosas coma os Akna Montes, os Freyja Montes ou os Maxwell Montes. As chairas aparecen deformadas preto das montañas. Isto suxire que existiu algún tipo de actividade de formación deste macizo montañoso despois de que se formasen as chairas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Montes Venus Cráter de impacto

Categoría:Montes extraterrestres Categoría:Venus