Kaduna é un dos estados da República Federal de Nixeria, que fica no centro norte desta. A súa capital é a cidade de Kaduna. Ten unha área de 46.053 km² e no 2006 tiña unha poboación estimada de 6 066 562 habitantes.

O Estado de Kaduna é maioritariamente habitado polos hausas, existindo membros doutras comunidades étnicas tales como gbagyis, katabs e bajjuus.

O Estado é o sucesor da antiga Rexión Norte de Nixeria, que tiña a súa capital en Kaduna. En 1967 esta foi dividida en seis estados, un dos cales era o estado Norte-Central, cuxo nome foi mudado polo de Kaduna en 1976. Este foi tamén dividido en 1987, perdendo territorio agora parte do estado Katsina.

Áreas de goberno local O Estado de Kaduna está composto por 23 Áreas de goberno local. Estes son: Birni-Gwari Chikun Giwa Igabi Ikara Jaba Jema'a Kachia Kaduna-Norte Kaduna-Sur Kagarko Kajuru Kaura Kauru Kubau Kudan Lerea Makarfi Sabon-Gari Sanga Soba Zango-Kataf Zaria

Kaduna