Argelio Fernández Queipo, nado en Outonais (A Trapa, A Fonsagrada) o 22 de febreiro de 1958, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Dende 1991 traballa no servizo de conservación de estradas de Asturias. Nas eleccións municipais de 2007 foi o número dous da candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía da Fonsagrada pero trala dimisión do candidato Ricardo Parada Mariña foi elixido alcalde. Nas municipais de 2011 encabezou a candidatura do PSdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. No 2015 volveu encabezar a lista socialista e revalidou o seu mandato gañando por maioría, acadando o PSOE 8 concelleiros dos once totais. Nesa mesma lexislatura foi elixido tamén Deputado Provincial pola Fonsagrada, chegando a ser vicepresidente desta mesma institución durante este período.

Nas eleccións municipais de 2019 foi substituído na alcaldía polo número dous da lista do PSdeG-PSOE, Carlos López López, debido ó veto do BNG e do que precisaba o apoio para a investidura.El PSOE recurre a su número dos en A Fonsagrada (Lugo) al mantener el BNG su veto sobre el que fue alcalde 12 años

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais na Fonsagrada

Ligazóns externas Noticia en El Progreso Entrevista en El Progreso

Categoría:Alcaldes da Fonsagrada Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados na Fonsagrada Categoría:Nados en 1958 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes