Mario Rodríguez González, nado en Esgos en 1959, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria Fillo de Amelia González e José Manuel Rodríguez, propietarios dun coñecido restaurante local, sobriño de Manuel Ángel Rodríguez, político local que foi alcalde de Esgos moitos anos, e irmán de Miguel Ángel Rodríguez González, tamén alcalde de Esgos, Mario Rodríguez estudou Maxisterio e diplomouse.
Afiliaouse ao PP dende 1977. Foi candidato a concelleiro de Esgos polo PPdeG nas eleccións municipais de 2003, saíu elixido e ocupou o posto de tenente de alcalde entre 1999 e 2003. Foi xerente na Mancomunidade da Ribeira Sacra.
Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Esgos e foi elixido alcalde con maioría absoluta obtendo todos os concelleiros (9-0). Renovou o cargo, sempre con maioría absoluta nas eleccións de 2015 (8-1) e nas eleccións de 2019 (8-1).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Esgos
Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Esgos Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Esgos Categoría:Nados en 1959 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes