A onomatopea (do grego ὄνομα "nome" e ποιέω "crear") é unha expresión ou palabra cuxa sonoridade imita a voz ou ruídos de obxectos ou animais. Polo tanto, na súa creación ten por base o son que produce o obxecto que designa.
Ao dicir que un grilo fai "cricrí" ou ó facer "toc-toc" ó bater a porta, utilízanse onomatopeas. Xa Aristófanes, na súa peza "As ras", fixo uso de determinadas palabras que, no grego orixinal, pretenden imitar o son deses animais. Era unha figura retórica que é tamén de cariz onomatopeíco.
Exemplos Son onomatopeas curuxa (latín NOCTUA), rula (latín TURTURA), miar, niañar, ular, chuchar, esgarrar, topar, seseo, pita, churra, chiar, piar, urrar, chupar, fungar, gheada, gargallada. No "Poema nuclear" de Celso Emilio Ferreiro atopamos imitacións fónicas de sons reais (versos 2, 11, 34, 38): A bomba, ¡bong!, a bomba bon amigo (verso 2). ¡¡¡Booong!!! (verso 39)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de voces dos animais Aliteración Fonosimbolismo Paronomasia
Categoría:Retórica e figuras da lingua