José Costa Díaz, nado en Covelo en 1943, é un empresario e político galego do PPdeG.

Traxectoria Fillo de Antonio Costa Domínguez. Nomeado alcalde de Covelo en 1976. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de UCD á alcaldía de Covelo e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións presentándose nas municipais de 1983 pola Coalición Popular, en 1987 por AP e a partir de 1991 polo PPdeG, sempre con maioría absoluta.

Foi deputado provincial durante tres lexislaturas. Como representante político, formou parte do consello de administración de Caixa Pontevedra e, posteriormente, de Caixanova.

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Covelo

Ligazóns externas Artigo en El País Artigo en Faro de Vigo

Categoría:Alcaldes de Covelo Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Covelo Categoría:Nados en 1943 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes