O distrito de Kalangala é un distrito do sur da Rexión Central de Uganda. O distrito corresponde coas illas Ssese do lago Vitoria e non ten superficie na propia terra principal de Uganda. Como os demais distritos, é chamado así pola súa capital, Kalangala, que se atopa na illa Bugala, a maior das illas Ssese.

Limita cos distritos de Mpigi e Wakiso polo norte, co distrito de Mukono polo nordeste e leste, coa República de Tanzania polo sur, co Rakai polo suroeste, co distrito de Masaka polo oeste e co distrito de Kalungu polo noroeste.

Cobre unha área de 9066,8 km2, dos cales só 432,1 km2 (4,8%) son terra e o resto é auga. Componse de 84 illas esparexidas polo noroeste do Lago Vitoria, das cales se atopan habitadas 43. A maior das illas, Bugala, posúe unha área de 296 km2, o 68,5% do terreo do distrito.

O censo do 2002 estimaba a súa poboación en 34.800 habitantes.

Os tres piares da economía do distrito son a pesca, o turismo e a agricultura.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial About Kalangala District

Kalangala