miniatura|dereita|Osteoblastos activos.

Os osteoblastos (do grego "óso" e "xerme" ou "embrionario") son as células encargadas da formación do óso, que se poden considerar como fibroblastos especializados que ademais dos produtos fibroblásticos, expresan sialoproteínas óseas e osteocalcina.Salentijn, L. Biology of Mineralized Tissues: Cartilage and Bone, Columbia University College of Dental Medicine post-graduate dental lecture series, 2007

Os osteoblastos producen a matriz extracelular do tecido óseo (osteoide), que está composta principalmente de coláxeno de tipo I. Os osteoblastos son tamén responsables da mineralización desta matriz. O cinc, o cobre e o sodio son algúns dos ións minerais que se requiren neste proceso. O óso é un tecido dinámico que está constantemente sendo remodelado polos osteoblastos, encargados da produción da matriz e a parte mineral do tecido, e polos osteoclastos, que destrúen parte do tecido durante a remodelación. Os osteoblastos tenden a decrecer en número coa idade, o que afecta ao balance entre a formación e a reabsorción do tecido óseo.

Osteoxénese Os osteoblastos orixínanse a partir de células osteoproxenitoras localizadas na capa profunda do periósteo que rodea os ósos e na medula ósea. As células osteoproxenitoras son células inmaturas que expresan o factor de transcrición regulador principal Cbfa1/Runx2.

As células osteoproxenitoras son inducidas a diferenciarse baixo a influencia de factores de crecemento, en particular as proteínas morfoxenéticas óseas (BMPs). Ademais das BMPs, outros factores de crecemento como o factor de crecemento dos fibroblastos (FGF), o factor de crecemento derivado de plaquetas (PDGF) e o factor de crecemento transformante beta (TGF-β) poden promover a división das células osteoproxenitoras e potencialmente incrementar a osteoxénese.

Unha vez que as células osteoproxenitoras comezan a se diferenciar en osteoblastos, empezan a expresar un conxunto de marcadores xenéticos como o Osterix, Col1, BSP, M-CSF, ALP, osteocalcina, osteopontina, e osteonectina. Aínda que o termo osteoblasto implica un tipo de célula inmatura, os osteoblastos son de feito células óseas maduras enteiramente responsables da xeración do tecido óseo en animais e humanos.

Morfoloxía e tinguidura miniatura|200px|Osteoblastos (barra sinaladora) revestindo o óso e osteocitos nas lagoas do óso.

A tinguidura con hematoxilina e eosina revela que o citoplasma dos osteoblastos é basófilo (tínguese con colorantes básicos) debido á presenza nel de grandes extensións de retículo endoplasmático rugoso. Na parte central hai sempre un voluminoso aparato de Golgi. O núcleo é esférico e grande. Os osteoblastos maduros sintetizan e tínguense positivamente con colorantes específicos para o coláxeno tipo I e a fosfatase alcalina.

Osteoblastos e osteocitos

Os osteoblastos que ao sintetizar novo tecido óseo quedan atrapados na matriz ósea, permanecen illados alí nas chamadas lagoas (lacunae) do tecido óseo e convértense alí en osteocitos. Deixan de xerar matriz ósea e de mineralizar a matriz, e pasan a actuar de modo parácrino sobre os osteoblastos activos (segregan localmente substancias reguladoras). Crese que responden a estímulos mecanosensoriais.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Condrocito Osteocito Osteoclasto Óso Osificación endocondral Osificación intramembranosa

Bibliografía Netter, Frank H. (1987). Musculoskeletal system: anatomy, physiology, and metabolic disorders. Summit, New Jersey: Ciba-Geigy Corporation ISBN 0-914168-88-6.

Ligazóns externas LoyolaMedEd

Categoría:Histoloxía