María Paz Lago Martínez, nada o 17 de agosto de 1975 en Vilalonga (Sanxenxo), é unha política galega do PPdeG.

Traxectoria Diplomouse en Maxisterio. En 2003, nas eleccións municipais foi elixida concelleira na súa vila natal polo PPdeG, onde se responsabilizou das áreas de cultura e educación. Revalidou a concellería en 2007, desta vez como terceira tenente de alcalde. En 2008 figurou como suplente nas listas do Senado, tras José Manuel Cores Tourís. A renuncia deste ao acceder á delegación da Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra levouna a ela á Cámara Alta en maio de 2009

Nas Xerais de 2011 presentouse como número tres da lista popular por Pontevedra, e foi elixida deputada.

Véxase tamén Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas Ficha na páxina web do Senado de España

Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra Categoría:Senadores por Pontevedra Categoría:Nados en Sanxenxo Categoría:Nados en 1975 Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura)