Charlize Theron, nada o 7 de agosto de 1975 en Benoni, Gauteng, Suráfrica é unha actriz, produtora e modelo surafricana e estadounidense. É unha das actrices mellor pagadas do mundo, e ao longo da súa carreira recibiu varios galardóns, incluíndo un Premio Óscar, un Screen Actors Guild Award e un Globo de Ouro. En 2016, a revista Time considerouna unha das 100 persoas máis influentes do mundo.

Theron acadou a fama internacional durante a década de 1990 en filmes como Pactar co demo (1997), Mighty Joe Young (1998) e As normas da casa da sidra (1999). Recibiu a aclamación da crítica intepretando a asasina en serie Aileen Wuornos en Monster (2003), o cal lle valeu un Oso de Prata e un Óscar á mellor actriz, converténdose na primeira surafricana en gañar un Óscar nunha categoría de interpretación. Recibiu outro nomeamento aos Óscar polo seu papel en En terra de homes (2005).

Traxectoria Primeiros anos Theron naceu en Benoni, na antiga provincia surafricana de Transvaal e hoxe en día provincia de Gauteng. Filla única de Gerda MaritzKarsten (2009), páx. 16 (tamén coñecida como Gerta)Karsten (2009), páx. 18. e Charles Theron. A súa nai posúe ascendencia alemá e o seu pai ascendencia francesa occitana e neerlandesa. A actriz é descendente dos primeiros colonos hugonotes e o seu tatara-tío foi Danie Theron,Karsten (2009), páx. 14. quen tivo un papel importante na guerra anglo-bóer. Theron é un apelido occitano (orixinalmente escrito Théron) que se pronuncia en afrikaans como Tronn, malia que ela declarou en entrevistas que en Suráfrica o seu apelido pronúnciase como Thrown. Cando se mudou aos Estados Unidos cambiou a pronunciación do seu apelido.

Aínda que fala inglés fluidamente, o seu idioma materno é o afrikaans. Medrou na granxa dos seus pais en Benoni, preto de Xohanesburgo. O seu pai morreu o 21 de xuño de 1991, despois de que a súa nai lle disparase. Charles Theron, quen era alcohólico, atacou fisicamente á súa nai e ameazou a ambas mulleres mentres estaba baixo os efectos do alcohol. O xurado declarou que o homicidio foi en defensa propia e a súa nai foi absuelta de todos os cargos.

Theron asistiu á escola primaria Putfontein (Laerskool Putfontein) e segundo as súas declaracións aqueles anos foron un período no que tivo problemas de integración.

Aos trece anos foi enviada a un internado e iniciou os seus estudos na National School of the Arts en Xohanesburgo.

Filmografía + Filmes Ano Título Papel Notas 1995 Children of the Corn III: Urban Harvest Muller xove Sen acreditar 1996 2 Days in the Valley Helga Svelgen 1996 That Thing You Do! Tina Powers 1997 Hollywood Confidential Sally Telefilme 1997 Trial and Error Billie Tyler 1997 Pactar co demo Mary Ann Lomax 1998 Celebrity Supermodelo 1998 Mighty Joe Young Jill Young 1999 The Astronaut's Wife Jillian Armacost 1999 As normas da casa da sidra Candy Kendall 2000 Reindeer Games Ashley Mercer 2000 The Yards Erica Stoltz 2000 The Legend of Bagger Vance Adele Invergordon 2000 Men of Honor Gwen Sunday 2001 Sweet November Sara Deever 2001 The Curse of the Jade Scorpion Laura Kensington 2001 15 Minutes Rose Heam 2002 Trapped Karen Jennings 2002 Waking Up in Reno Candy Kirkendall 2003 The Italian Job Stella Bridger 2003 Monster Aileen Wuornos 2004 The Life and Death of Peter Sellers Britt Ekland 2004 Head in the Clouds Gilda Bessé 2005 En terra de homes Josey Aimes 2005 Æon Flux Æon Flux 2007 In the Valley of Elah Detective Emily Sanders 2008 Sleepwalking Joleen Tamén produtora 2008 Hancock Mary Embrey 2008 Battle in Seattle Ella 2009 The Burning Plain Sylvia 2009 The Road A esposa 2009 Astro Boy Narradora 2011 Young Adult Mavis Gary 2012 Snow White and the Huntsman Raíña (Branca Neves) 2012 Prometheus Meredith Vickers

Premios

Notas

Véxase tamén

Categoría:Actores de cinema de Suráfrica Categoría:Nados na provincia de Gauteng Categoría:Nados en 1975 Categoría:Modelos femininas de Suráfrica Categoría:Estadounidenses de ascendencia neerlandesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia africáner Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá Categoría:Estadounidenses de ascendencia surafricana Categoría:Surafricanos de ascendencia neerlandesa Categoría:Surafricanos de ascendencia alemá