Arnold Mærsk Mc-Kinney Møller, nado o 13 de xullo de 1913 e finado no Rigshospitalet de Copenhaguen o 16 de abril de 2012, foi un magnate dinamarqués dos envíos e un home de negocios.
Traxectoria Foi o fillo de Arnold Peter Møller, fundador da AP Moller-Maersk e da americana Chastine Estelle Roberta Mc-Kinney. Estivo casado co seu amor do instituto Emma Neergaard Rasmussen dende 1940 até a súa morte no ano 2005; Con ela tivo tres fillas Leise (1941), Kirsten(1944) e Ane(1950).
Møller converteuse nun socio da AP Moller-Maersk Grupo en 1940. No ano 2004, regalou ao pobo dinamarqués a ópera de Copenhaguen, deseñada por Henning Larsen, para a que doou aproximadamente 400 millóns de dólares, co que se construíu en menos de 3 anos.
Véxase tamén Ligazóns externas Na revista Forbes
Categoría:Personalidades de Dinamarca Categoría:Nados na rexión de Hovedstaden Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Personalidades da empresa