Alouette 2 foi un satélite de investigación ionosférica canadense, lanzado en 1965.

Historia Lanzamento do satélite e progreso da misión Alouette 2 foi lanzado ás 4:48 UTC do 29 de novembro de 1965 mediante un foguete Thor Agena B xunto co satélite Explorer 31 desde a base Vandenberg da Forza Aérea, en California. Alouette 2 adicouse ó estudo da ionosfera, un area da atmosfera superior na que orbitarían futuros satélites. A misión de Alouette 2 durou dez anos antes de ser apagado e permanece en órbita.

O satélite estabilizábase mediante xiro, a unhas 2,25 revolucións por minuto trala extensión das antenas. O problema de estabilización que afectou a Alouette 1 resolveuse en Alouette 2 poñendo unhas placas ao final da antena máis longa.

Alouette 2 non tiña medios de rexistro a bordo, polo que os datos só estaban dispoñibles cando pasaba cerca dunha estación de telemetría, que estaban situadas principalmente cerca do meridiano dos 80 graos oeste en sitios cerca de Hawai, Singapur, Australia, Reino Unido, India, Noruega e África central. Ao principio da misión rexistrábanse datos unhas oito horas por día.

As operacións coa nave finalizaron en xullo de 1975. O satélite foi reactivado con éxito o 28 e 29 de novembro de 1975 para obter datos no seu décimo aniversario. A finais dos anos 1990 levouse a cabo un esforzo de restauración dos datos gardados da misión, conseguíndose recupera a maior parte dos datos de alta resolución.

Instrumentos Alouette 2 levaba un sondador ionosférico, un receptor VLF, un detector de partículas, un experimento de ruído cósmico e unha sonda electrostática. Do corpo do satélite sobresaen dúas antenas dipolo de 73 e 22,8 metros, compartidas por tres dos experimentos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Alouette 1 Thor Agena B

Categoría:Satélites artificiais do Canadá