Carlos Blanco-Rajoy Martínez-Reboredo, nado na Coruña o 19 de outubro de 1930 e finado na mesma cidade o 31 de xullo de 2011, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Pertencía a unha coñecida familia coruñesa da preguerra: o seu avó Ramón Blanco-Rajoy Poyán, foi senador e deputado, e o seu tío Benito Blanco-Rajoy, foi tamén deputado conservador durante o primeiro terzo do século XX.

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Avogado na Coruña, foi presidente da Cámara Provincial Agraria da Coruña durante o franquismo. Pertenceu á xunta de goberno do Colexio de Avogados da Coruña. Foi vicepresidente de Caja Rural da Coruña. Nas eleccións xerais de 1979 integrou a candidatura de UCD ao Senado e saíu elixido pola provincia da Coruña. Afiliado posteriormente ao Partido Demócrata Popular, tres anos máis tarde, en 1982 volveu concorrer ás eleccións ao Senado, pero desta vez na lista da coalición que lideraba Alianza Popular, e volveu saír elixido.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición

Categoría:Senadores pola Coruña Categoría:Nados na Coruña Categoría:Políticos de UCD Categoría:Políticos de AP Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes