Os Olsen Brothers, en dinamarqués: "Brødrene Olsen", en galego: "Irmáns Olsen", son un dúo musical dinamarqués composto por Jørgen, nado o 15 de marzo de 1950 e seu irmán "Noller" (Niels), nado o 13 de abril de 1954. Ámbolos dous formaron o seu primeiro grupo chamado The Kids en 1965. Máis tarde, en 1967 publicaron o seu primeiro sinxelo. Despois de teren participado nun musical, publicaron o seu primeiro álbum en 1972 como os Irmáns Olsen, publicando dende entón 12 traballos.

No ano 2000, venceron no Festival de Eurovisión celebrado en Estocolmo (Suecia), onde obtiveron a victória ao cantar en inglés "Fly on the Wings of Love". O tema chegou ao nº 34 do United World Chart.

Discografía Olsen (1972) For What We Are (1973) For the Children of the World (1973) Back on the Tracks (1976) You're the One (1977) San Fransisco (1978) Dans - Dans - Dans (1979) Rockstalgi (1987) Det Stille Ocean (1990) Greatest and Latest (1994) Angelina (1999) Fly on the Wings of Love (2000) Neon Madonna (2001) Walk Right Back (2001) Songs (2002) Weil Nur Die Liebe Zählt (2003) More Songs (2003) Our New Songs (2005)

Véxase tamén Ligazón externa Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de Dinamarca Categoría:Representantes de Dinamarca en Eurovisión Categoría:Gañadores de Eurovisión