Jaime González Chas, nado na Coruña o 11 de agosto de 1933 e finado en Arteixo o 28 de novembro de 2011, foi un tirador galego, que participou en catro Xogos Olímpicos (Cidade de México 1968, Múnic 1972, Montreal 1976 e Moscova 1980).
Traxectoria González Chas foi o practicante de tiro deportivo con maior transcendencia de Galicia. Practicante de diversas especialidades, proclamouse campión de España en 59 ocasións. En 1968 participou por primeira vez nos Xogos Olímpicos, na edición de México (posto 31º), participación olímpica que revalidou en Múnic 1972, onde obtivo o seu resultado internacional máis destacado, pois conseguiu un diploma olímpico ao rematar en quinta posición na final de pistola de velocidade 25 metros, competición gañada polo polaco Józef Zapedzki. Tamén participou en seis edicións do Campionato Mundial de Tiro.
Participou posteriormente en dúas edicións olímpicas máis como tirador, Montreal 1976 (20º clasificado) e Moscova 1980 (22º clasificadoFicha na web do COE , Comité Olímpico Español.), e en dúas edicións como adestrador e seleccionador de España (Barcelona 1992 e Atlanta 1996). Despois da súa retirada da práctica do tiro en activo dedicouse á formación e ao adestramento da especialidade.
Foi socio fundador da Real Sociedade Deportiva Hípica da Coruña.
Obra La preparación del tirador (1997)
Recoñecementos Fillo adoptivo da CoruñaNecrolóxica en La Voz de Galicia, 29/11/2011..
Notas
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1933 Categoría:Tiradores olímpicos de Galicia Categoría:Tiradores nos Xogos Olímpicos de 1968 Categoría:Tiradores nos Xogos Olímpicos de 1972 Categoría:Tiradores nos Xogos Olímpicos de 1976 Categoría:Tiradores nos Xogos Olímpicos de 1980 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes