A tempada 2006 do Super 14 (actual Super Rugby) foi a 11ª edición da máxima competición mundial de rugby entre franquías, organizada no hemisferio Sur pola SANZAR, entre equipos de Nova Zelandia, Australia e Suráfrica. Esta edición do torneo contou por primeira ocasión con 14 equipos, trala inclusión dos Central Cheetahs e do Western Force no campionato. Os 14 equipos disputaron unha tempada regular con 14 xornadas, seguida duns playoffs entre os 4 mellores equipos. O campionato foi gañado polos Crusaders, o equipo neozelandés que acadou así o seu 6º título, vencendo ós Hurricanes nunha final marcada pola néboa.
A primeira xornada disputouse nos días 10 e 11 de febreiro de 2006, mentres que a final tivo lugar en Christchurch o día 27 de maio de 2006. Tempada regular EquiposXogadosGañadosEmpatesPerdidosPts A ProlPts ContraDif. PtsBonus PUNTOS 1 Crusaders131111412210202551 2 Hurricanes131003328226102747 3 Waratahs13904362192170945 4 Bulls1371535529065738 5 Sharks13706361297641038 6 Brumbies1381432626957438 7 Chiefs1371532529827636 8 Blues13607290344−54529 9 Highlanders13607228276−48327 10 Cheetahs13508272367−95727 11 Stormers13418263334−71523 12 Reds13409240320−80622 13 Cats132110220405−185515 14 Force131210223373−150412 Eliminatorias polo título 300px|miniatura|dereita|Final da edición 2006 do Super 14 baixo a néboa.
Estatísticas O máximo anotador de puntos do torneo foi Daniel Carter, dos Crusaders, con 221 puntos. O máximo anotador de ensaios foi Lome Fa'atau, dos Hurricanes, con 10. Véxase tamén Outros artigos Super 12 2005 << Tempada 2006 >> Super 14 2007 Ligazóns externas Resultados históricos do Super 14
2006 Categoría:Rugby en 2006