Red Cliff (en ) é un filme épico chinés dirixido por John Woo que se estreou en dúas partes no 2008 e no 2009. Baséase na Batalla dos Cantís Vermellos (-208 e -209) e os eventos do fin da Dinastía Han e inmediatamente anterior ó período dos Tres Reinos na China antiga. Está protagonizado por Tony Leung, Takeshi Kaneshiro, Zhang Fengyi, Chang Chen, Hu Jun, Lin Chi-ling e Zhao Wei. Foi o primeiro gran filme de Woo dende Paycheck (2003)Review: Red Cliff e foi o seguinte en lingua chinesa dende Hard Boiled (1992),Red Cliff DVD Review que tamén protagonizou Leung.
Na China e en Asia, Red Cliff foi estreado en dúas partes, que fan máis de 4 horas de duración (288 minutos). A primeira parte (146 minutos) estreouse en Pequín o 2 de xullo de 2008 e a segunda (142 minutos) foi estreada na China o 7 de xaneiro de 2009. Fóra de Asia, unha única versión de 148 minutos foi estreada no 2009. Porén, a versión en dúas partes lanzouse en DVD e Blu-ray no Reino Unido o 5 de outubro de 2009,DVD Times, 30 de setembro de 2009: Red Cliff (R2/UK BD) in October Re-linked 2014-04-03. e nos Estados Unidos e no Canadá o 23 de marzo de 2010.Amazon US: Red Cliff International Version Linked 2014-04-03
Cun orzamento estimado en US$80 million, Red Cliff é o máis caro filme asiático da historia.Dawtrey, A., Guider, E. "Berlin star power eclipses click pics" , Variety, 2009-09-30. Consultado o 6 de novembro de 2009. A primeira parte recadou US$124 millóns en Asia"2008 Overseas Total Yearly Box Office", Box Office Mojo. Consultado o 2 de marzo de 2009 e superou o récord anterior de Titanic na China. , 2008-11-04. Consultado o 2 de marzo de 2009.
Sinopse Na China, cara ao final da Dinastía Han (208 d.C.) Cao Cao, o temíbel Primeiro Ministro (e gobernante de facto) convence ó Emperador Xian de Han de que declare a guerra ós reinos de Xu, ó oeste e ó leste, e o reino de Wu, ó sur. O seu obxectivo, segundo din, á a de unificar China polo ben do país, pero, en realidade, os seus motivos son bastante máis egoístas. Tras convencer ó Emperador, Cao Cao leva ó seu exército de case un millón de soldados á guerra. O seu primeiro obxectivo é o Reino de Xu, de recente creación, gobernado polo benevolente líder Liu Bei. Ó chegar ó Reino de Xu, as forzas de Cao Cao, superiores numéricamente, derrotan doadamente ó exército de Liu Bei. Os cidadáns de Xu foxen baixo a protección das tropas de Liu Bei e dos seus dous xenerais de maior rango (e irmáns de sangue): Guan Yu e Zhang Fei, que quedan atrás a risco das súas propias vidas para salvar ós campesiños que tentan escapar.
Personaxes Personaxes principais Tony Leung como Zhou Yu Chang Chen como Sun Quan Shidō Nakamura como Gan Xing Takeshi Kaneshiro como Zhuge Liang Zhao Wei como Sun Shangxiang Lin Chi-ling como Xiao Qiao Zhang Fengyi como Cao Cao Hu Jun como Zhao Yun Tong Dawei como Sun Shucai Hou Yong como Lu Su You Yong como Liu Bei
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes da China Categoría:Filmes de Summit Entertainment Categoría:Filmes dirixidos por John Woo Categoría:Filmes rodados en Pequín Categoría:Filmes ambientados na dinastía Han