Manuel Lamela Lestón, nado no Pindo (Carnota) en 1944,La Voz de Galicia, 2-5-2003, p. L6 é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Trasladouse a Cee aos 8 anos. Maquinista naval. Foi profesor de FP e director do IES Fernando Blanco de Cee. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Cee e foi elixido alcalde grazas ao apoio do BN-PG e Unidade Galega. Nas municipais de 1983 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1987 volveu gañar, nesta ocasión sen maioría absoluta, pero pasou á oposición dado un pacto entre CDS, AP e BNG que fixo alcalde ao centrista Manuel Castro. Trala expulsión dos edís nacionalistas do goberno en xuño de 1988, os socialistas presentaron unha moción de censura no mes de novembroLa Voz de Galicia ed. A Coruña, 23-11-1988 p. 14., a cal foi votada en xaneiro de 1989. Porén, debido á abstención dos nacionalistas, non saíu adianteLa Voz de Galicia ed. A Coruña, 22-1-1989 p.21.. Nas municipais de 1991 volveu se-la candidatura máis votada, pero non logrou recupera-la alcaldía dado que o PPdeG volveu apoiar de novo o centrista Manuel Castro como alcalde. Porén, trala expulsión dos populares do goberno, en abril de 1992 estableceuse un goberno de coalición cos socialistas, sendo Lamela tenente de alcaldeLa Voz de Galicia ed. Carballo, 5-4-1992 p.40.. Nas municipais de 1995 recuperou a alcaldía grazas a un pacto de goberno con IxCee e o apoio externo do BNG. Nas municipais de 1999 volveu ser elixido alcalde ó se-la forza máis votada.
Presentou a dimisión o 17 de abril de 2001 logo da presentación dunha moción de censura por parte do PPdeG e IxCEE que se votou o 11 de maio de 2001. En 2007 volveu ao goberno municipal no goberno dos socialistas con IxCEE como concelleiro de Infraestruturas. Dimitiu como concelleiro en febreiro de 2011.
Vida persoal É pai de Margarita Lamela Louzán, alcaldesa socialista de Cee dende 2019.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cee
Ligazóns externas "El ceense Manuel Lamela dejará la política tras 32 años de edil, 21 de ellos en el gobierno y 14 de alcalde" (12/1/2011). La Voz de Galicia . Obelleiro, Paola (12/2/2011). "Dimite un histórico del PSOE de Cee por su rechazo a la coalición con el alcalde imputado" El País .
Categoría:Alcaldes de Cee Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Carnota Categoría:Nados en 1944 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes