Juan Manuel Vales Rodríguez, nado en Leiro (Abegondo) en 1956Entrevista en La Voz de Galicia A Coruña, 14-7-1987, p.28., é un político e mestre galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Diplomado en Ciencias Empresariais, foi mestre da Universidade Laboral da Coruña. Residente en Carral, nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Carral e foi elixido alcalde con maioría simple. Foi reelixido alcalde con maioría absoluta nas municipais de 1991. Volvería a ser elixido alcalde grazas ó apoio do BNG en 1995, 1999 e 2003. Porén, 25 de agosto de 2003 foi desaloxado da alcaldía por unha moción de censura promovida polo PPdeG co apoio de dous concelleiros nacionalistas, sendo ambos expulsados do BNG. Ó fin dese mandato retirouse da primeira liña política.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Carral
Ligazóns externas Artigo en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Carral Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Abegondo Categoría:Nados en 1956 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes